Publicar fotografías e eventos para fomentar o respeto e dar valor o patrimonio, costumes e natureza do Morrazo.
Promover eventos, concursos, libros e actividades.

domingo, 29 de decembro de 2013

Presentación en Bueu de "CoraSons"

O Centro Social do Mar de Bueu, organizado por Teatro Escanae e Librería Abrente, acolleu o sábado 28 de decembro a presentación do proxecto "CoraSons". 

Disco-libro e documental da exposición da fotógrafa portuguesa Isabel Leal sobre fotos de corazóns que primeiro decidiu montar una exposición na Casa das Crechas en Santiago, algo que levou a pensar nun acompañamento musical, o que a súa vez animou aos artistas invitados a gravar un disco e posteriormente un documental con todo este proceso creativo. 
O resultado deste traballo é un libro-disco e un documental de 82 minutos editado por Kalandraka e no que se recolle o concerto de presentación de "Corasons", na Illa de Arousa, e intervencións dalgúns dos protagonistas. O documental do director Paco Abelleira, mostra como se compuexeron e gravaron algunhas das cancións.
A cantante  Uxía Senlle e a cantante galego-palestina Najla Shami antés da proxección do documental, deron un pequeno concerto. No acto estivo o director da cinta Paco Abelleira e foi presentado por Manuel Buceta que fixo a edición do documental.

REPORTAXE FOTOGRÁFICO
Manuel Buceta artífice do acto e editor do documental, abrino o acto.

O Centro Social enchéndose de xente

Moitos amigos e familiares na entrada

Xentes de todas as idades acudiu o acto

O chan do Centro Social decorado con Corazóns.

Uxía e Paco Abelleira presentando o acto

Actuación de Najla Shami e compartindo cos asistentes

Uxía entregada o público, en plena actuación

Uxía e Najla a duo

Uxía feliz adicando o libro-disco

Grupo de asistente, esperando para as dedicatorias

Os protaginista do evento felices posando co corazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario